Ó longo desta semana (do 4 ó 8 de novembro), a través de diferentes actividades, pretendimos visualizar e facer chegar ós nenos/as as contribucións feitas polas mulleres á ciencia e tecnoloxía.
Actividade realizada dentro da área de lingua galega, polos maiores de quinto e sexto, para mostrarlle os cativos/as do cole que inda non aprenderon a ler.
Conmemoramos a Valentina Tereshkova e Hedi Lamarr con diferentes actividades e un kamishibai feito polo alumnado de 6º para Infantil co conto 'Daniela Pirata'.
Comentarios
Publicar un comentario