Entradas

Mostrando entradas de enero, 2020

DÍA DA PAZ

Imagen
Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz no colexio. Fixemos diferentes actividades, ó longo de varias  clases: lecturas, cancións, vídeos... para concienciar os nenos/as que  a "Paz comeza nun mesmo". Coñecimos a diferentes personaxes que acadaron o Premio Nobel pola Paz polo seu traballo ou contribución para conseguila. Tamén elaboramos dous murais. "A PAZ COMEZA CUN SORRISO" Mural na entrada do colexio

ECOPERCUSIÓN

Imagen
Escenario preparado....  Iker, Fabio e Félix Gabriel Nen@s de segundo e terceiro de Primaria Explicación de Didier o alumnado de Primaria O venres, 16 de xaneiro, tivemos un obradoiro de música "ECOPERCUSIÓN"  impartido polo percusionista cubano  Didier Díaz. Usaron como "instrumento" diferentes tipos de cubos de plástico e dúas baquetas para interpretar diferentes ritmos.  Participaron os nenos/as de Primaria e Secundaria . Pola tarde,ambos grupos, fixeron unha exibición. Para velos vídeos preme nos seguintes enlaces: Ecopercución de Primaria Ecopercusión Secundaria

NADAL

Imagen
No mes de decembro, decoramos os corredores do colexio, preparamos obras de teatro para o festival e cantamos/tocamos diversas panxoliñas. Houbo un concurso de "Bólas Navideñas"..... Bólas Navideñas   E contamos coa visita do Apalpador e Papá Noel.... Obra de teatro Veu o Apalpador e Papá Noel! 

ENTREGA DE PREMIOS POLAS BOLAS DE NADAL

Imagen
Entrega de premios polas bolas de Nadal. Noraboa!

INTERCAMBIO EPISTOLAR

Imagen
Este ano, os nenos/as de 2º, 3º e 4º de Primaria faremos un intercambio epistolar  co CEIP Areouta (Sardiñeiro- Fisterra) onde compartiremos traballos feitos ó longo do curso para ver as diferenzas e aprender cousas novas delas. Presentación da nosa contorna Probando as galletas que nos enviaron.. 

SEMANA DA CIENCIA

Imagen
Ó longo desta semana (do 4 ó 8 de novembro), a través de diferentes actividades, pretendimos visualizar e facer chegar ós nenos/as as contribucións feitas polas mulleres á ciencia e tecnoloxía.