Entradas

LETRAS GALEGAS 2024

Imagen
 Para conmemorar esta data fixemos un acto no centro no que cantamos cancións sobre Luisa Villalta e recitamos algúns poemas, así como explicamos os feitos máis importantes da súa biografía. Tamén fixemos un escape room sobre a autora e un concurso de co llage coa súa silueta.

DÍA DO LIBRO

Imagen
 Fixemos recomendacións dos nosos libros favoritos, tivemos unha contacontos para os cativos e tamén os maiores contaron un conto aos pequenos.

8M

Imagen
 Conmemoramos a Valentina Tereshkova e Hedi Lamarr con diferentes actividades e un kamishibai feito polo alumnado de 6º para Infantil co conto 'Daniela Pirata'.

ENTROIDO 2024

Imagen
 Polo entroido fixemos unha charla informativa dos diferentes traxes da contorna e elaboramos as comadres e compadres para correlas e facer un desfile que tivo que ser no pavillón debido ao tempo, e tamén tocamos o folión. n.

DÍA DE ROSALÍA

Imagen
 Pintamos a cara de Rosalía e traballamos cun libriño cons seus poemas, entre outras actividades.

DÍA MUNDIAL DA PAZ

Imagen
 Fixemos un mural con mensaxes para promover a paz e cantamos varias cancións:

UN NADAL DE ALOUMIÑOS

 O alumnado de 1º e 2º EP xunto co colexio de Petelos e as profes presentaron esta panxoliña no concurso da TVG e despois foron invitados ao programa. Noraboa! Vídeo 'Un Nadal de Aloumiños'